No marco da defensa e promoción dos dereitos lingüísticos, a Facultade de Dereito do campus de Ourense (Universidade de Vigo) organizou, o 17 de outubro do 2025, o seminario “O dereito tamén en galego. Os dereitos lingüísticos na administración da xustiza”, un encontro que reuniu xuristas, académicos e activistas para reflexionar sobre o papel do galego no ámbito xudicial e no exercicio profesional do dereito. A iniciativa, promovida en colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade, insírese nas accións destinadas a visibilizar a lingua galega como ferramenta válida e necesaria no estudo xurídico e no exercicio da avogacía.
A decana da Facultade, Susana Álvarez, foi a encargada de abrir a xornada, destacando o paradoxo de que no ano 2025 aínda sexa necesario reivindicar estes dereitos nun ámbito de xustiza que debe ser garante da igualdade. Acompañárona Francisca Fernández Prol, profesora de Dereito do Traballo e enlace de Lingua Galega, e Benigno Fernández Salgado, profesor da Facultade de Comunicación e director da Área de Normalización Lingüística, que coincidiron en destacar a importancia de que o seminario, pensado para explorar as conexións entre lingüística e dereito, aspire a continuar como espazo útil para actualizar a docencia, a investigación e o exercicio profesional do dereito.


D’un temps ençà, entre els anys 2022 i 2025, diverses comunitats autònomes amb llengua oficial pròpia han aprovat o impulsat mesures normatives que poden ser qüestionades per constituir un fre –o fins i tot un retrocés– en els processos de normalització lingüística. En els darrers anys també s’observa una evolució en la jurisprudència, que marca la mateixa tendència regressiva. Aquestes dues qüestions són objecte d’anàlisi a la secció monogràfica sobre “Protecció de les llengües i regressió” publicada recentment dins del 