Crónica do seminario “O dereito tamén en galego. Dereitos lingüísticos na administración de xustiza” – Abdelouahed Doukhili e Olena Romaniuk

Imatge seminario galegoNo marco da defensa e promoción dos dereitos lingüísticos, a Facultade de Dereito do campus de Ourense (Universidade de Vigo) organizou, o 17 de outubro do 2025, o seminario “O dereito tamén en galego. Os dereitos lingüísticos na administración da xustiza”, un encontro que reuniu xuristas, académicos e activistas para reflexionar sobre o papel do galego no ámbito xudicial e no exercicio profesional do dereito. A iniciativa, promovida en colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade, insírese nas accións destinadas a visibilizar a lingua galega como ferramenta válida e necesaria no estudo xurídico e no exercicio da avogacía.

A decana da Facultade, Susana Álvarez, foi a encargada de abrir a xornada, destacando o paradoxo de que no ano 2025 aínda sexa necesario reivindicar estes dereitos nun ámbito de xustiza que debe ser garante da igualdade. Acompañárona Francisca Fernández Prol, profesora de Dereito do Traballo e enlace de Lingua Galega, e Benigno Fernández Salgado, profesor da Facultade de Comunicación e director da Área de Normalización Lingüística, que coincidiron en destacar a importancia de que o seminario, pensado para explorar as conexións entre lingüística e dereito, aspire a continuar como espazo útil para actualizar a docencia, a investigación e o exercicio profesional do dereito.

Llegeix més »

Foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias – Fernando Ramallo

O pasado mes de xuño tivo lugar en Santiago de Compostela o Foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias. O evento, organizado polo Consello da Cultura Galega, en colaboración co Consello de Europa, reuniu por primeira vez a representantes de todas as linguas minoritarias do Estado español protexidas pola Carta, isto é, amazige, árabe, aragonés, aranés, asturiano, caló, catalán/valenciano, éuscaro, fala, galego, leonés e portugués nos diferentes territorios e cos diversos autoglotónimos que utiliza a comunidade de falantes de cada unha delas. Máis aló dunha finalidade académica ou estritamente técnica, o obxectivo prioritario foi establecer un diálogo que axudase a visibilizar e a interaccionar achegas diferentes, incluída a propia subxectividade das persoas que viven o seu día a día nunha lingua minoritaria. Ademais, ao tratarse dun evento aberto ao público, houbo tamén unha relevante participación de diversos colectivos e persoas implicadas na defensa dos dereitos lingüísticos.

O Foro detívose polo miúdo nos artigos 7 ao 13 da Carta, a partir dun enriquecedor diálogo crítico arredor do grao de cumprimento dos compromisos acadados polo Estado español coa ratificación da Carta en 2001. Durante os dous días de intenso intercambio de valoracións, perspectivas e análises identificáronse os trazos comúns á situación legal e social das linguas minoritarias así como as particularidades derivadas da propia idiosincrasia de cada idioma. Unha vez rematado o Foro, acordouse elaborar unhas conclusións colectivas co obxectivo de sometelas ás autoridades responsábeis da política lingüística en todos os territorios nos que se usan linguas minoritarias e asemade ao propio Consello de Europa. Ese documento é o que agora presentamos.

Desde a entrada en vigor da Carta en 2001, o Estado español pasou por catro ciclos de monitorización por parte do Comité de Expertos, que é o organismo competente para examinar a situación das linguas minoritarias a partir do informe presentado polo Estado á Secretaría Xeral do Consello de Europa. O Foro centrouse -fundamentalmente- nos avances, estancamentos, atrancos e retrocesos constatados durante o 4º ciclo de seguimento (2010-2013). Cómpre ter en conta que nestes intres está a piques de se iniciar o 5º ciclo (2014-2016), unha vez que o Estado acaba de remitir ao Consello de Europa o informe preceptivo preceptivo que dá inicio a un novo seguimento das obrigas estatais (https://rm.coe.int/spainpr5-es-docx/1680788433).Llegeix més »

A liña descendente que debemos erguer. Sobre o futuro do galego a partir da realidade actual – Nel Vidal Barral

Os últimos datos sobre o uso do galego feitos públicos polo Instituto Galego de Estatística (IGE), a partir da Enquisa de Condicións de Vida das Familias de 2013, certifican a percepción xeral sobre o uso da lingua galega na xente nova: a da perda acelerada do idioma nos últimos anos. De non se aplicaren as medidas axeitadas canto antes, e de non chegarse a un acordo xeral e global para o mantemento do galego como lingua viva, esa liña descendente pode ir cara ao deixarmos de ser. Llegeix més »

Europe’s leading language activist organisation set to meet in Valencia – Davyth Hicks [EN] [FR]

Europe’s leading regional or minority language organisation, the European Language Equality Network, will be holding its Steering Committee meeting in Valencia on Saturday May 24th

The meeting will be hosted by Acció Cultural del País Valencià (ACPV) and gathers the leading advocacy organisations for regional or minority languages from across Europe.Llegeix més »